O sábado pasado primeiro día do mes de xullo pola tarde, visitaron o MELGA, dentro das súas actividades anuais culturais, turísticas e lúdicas que levan a cabo, medio centenar de asociados dos Amigos dos Museos de Galicia, dirixidos polo profesor, arqueólogo e escritor Felipe Senén, como presidente da Asociación e Portas Ártabras da Coruña. A visita aínda que foi moi atrayente e divulgativa, pero infinitamente curta, debido á ampla planificación que debían cumprir na xornada, visitando moitos dos lugares monumentais dos concellos de Cabana de Bergantiños, Malpica, de Laxe, así como do concello de Ponteceso. Moitos dos presentes comunicaron á dirección do museo que nestas recentes vacacións estivais, non dubidarían en volver visitarnos con amigos e familiares xa que lles quedaba un mal “sabor de boca” o non poder gozar de máis tempo daqueles recordos pasados do mundo infantil e adolescentes das súas vidas. Como anécdota dicir que o noso ilustre y reconocido galego Felipe Senén, visitounos en menos dun mes, en dúas ocasións, unha cos seus alumnos/as da Universidade Senior da Coruña e nesta ocasión coa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia. A nosa máxima gratitude polo interese depositado na difusión e divulgación do noso Museo Etnolúdico de Galicia, único no seu xénero en Galicia.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment