Seguindo a mesma tónica que levamos a cabo neste ano 2024 polo Padroado da Fundación Ricardo Pérez y Verdes, sen dúbida moi acertada a proposta, o abrir todos os días festivos ou “pontes” correspondentes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no Concello de Ponteceso, neste caso, con motivo do Día da Constitución, a próxima fin de semana (venres 06, sábado 07 e domingo 08), abrirá as súas portas para todos aqueles visitantes que desexen achegarse ás nosas instalacións museísticas.
O horario que teremos dispoñible para todos eles será:
ABERTO:
- VENRES, SÁBADO e DOMINGO: de 11:00 h. a 14:00 h.
- VENRES e SÁBADO : de 17:00 h. a 19:00 h.
PECHADO:
- DOMINGO pola tarde.
Non será necesario reservar a visita libre ou por conta propia, pero en cambio sí será necesario se os compoñentes dun grupo constituísen un número mínimo de 15 persoas, entón poderíase solicitar unha visita guiada.
Solicitar información se fose necesario. Para calquera cuestión que precisen, por favor, dirixirse aos teléfonos 981.71.54.42 (Centro Cultural), ao 661.29.02.46 (MELGA) ou ao e-mail: info@museomelga.com.
Grazas!
Leave A Comment