O Melga outro ano máis colabora co barrio coruñés de Os Castros nas súas festas de verán con xogos e deportes tradicionáis galegos

Aínda que o  Festival de Xogos e Deportes tradicionais galegos, que debían celebrarse o venres pasado día 18 de agosto pola tarde, por causa dos atentados terroristas en Barcelona e por gardar tres días de loito na nosa cidade pola devandita causa, ata o día de hoxe mércores 23, non levou a efecto o devandito encontro lúdico na praza de Pablo Igrexas da cidade herculina co patrocinio do concello de A Coruña.

A organización da semana de festas estivo coordinada e dirixida pola AA.VV. Castrillón. Urbanización Soto IAR , coa colaboración do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) no seu parte sobre  Xogos e Deportes Tradicionais Galegos e outras entidades. Na tarde desenvolvéronse 13 xogos en forma rotatoria, onde un numeroso grupo de persoas de todas as idades, abarrotaban a praza de Pablo Igrexas para aprender xogando. Tanto nenos/as, novos, adultos e persoas maiores, recreáronse cos birlos, os sacos, os aros, a ra, o sapo, a pesca, etc. sobresaíndo este último xogo entre toda a poboación alí presente, así como o zurriagazo e as varas entre os pequenos/as e entre os mozos e adultos os xogos de forza do tirafungueiro e o varapau alcanzaron a súa cúspide.

Durante case catro horas de intenso traballo, entretemento e diversión, é de merecido recoñecemento o destacar, cada ano supéranse, o labor desenvolvido polo presidente da Asociación de Veciños Domingo Verdini e a súa xunta directiva, que supervisaron e controlaron activamente todas as actividades alí planificadas,  para que levasen a cabo en orde  e correctamente. Rematada a xornada, todos os seus membros coincidiron en continuar mañá e os próximos días co labor e comezar a programación das próximas  festas estivais do 2018. Alí, supoñemos, estaremos de novo dando o noso apoio profesional aos devanditos actos festivos e lúdicos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.