Terceiro ano consecutivo que o Museo Etnolúdico de Galicia(MELGA), estivo convidado as Festas de Verán do barrio popular de Os Castros, pola Asociación de Veciños da Urbanización Soto “IAR” da Coruña, para colaborar na xornada recreativa de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, do venres día 19 de agosto.
A sesión vespertina, desenvolveuse no magnífico Parque de Pablo Iglesias, durante toda a tarde-noite, cunha masiva afluencia de nenos e nenas, xóvenes e persoas maiores do distrito, así como doutras áreas de influencia da cidade.
Cada ano tentamos, pola nosa banda e o da organización, introducir novos xogos como nesta ocasión que se fixeron os xogos da estrela, o zurriagazo, as varas e o sapo ou burro. Polo seu carácter divertido e coñecidos, repetíronse o xogo dás andas, as chouchas, a ra, os birlos, turra da maroma, ou tirafungueiro, ou varapau, etc,. que como sempre fixeron gozar a todos os asistentes.
O presidente da Asociación Domingo Verdini comentábanos:
Que este ano excedemos, sen equivocarnos, con moito as mil persoas que pasaron polos distintos xogos distribuídos por toda a praza. Un novo éxito para a asociación e a cidadanía coruñesa e que seguirían contando coa necesaria e imprescindible colaboración do MELGA para o ano que ven
Esperamos que moitos dos barrios da cidade, tomen exemplo do que é promocionar e divulgar o noso patrimonio lúdico e cultural dunha actividade tan atractiva e divertida como son os xogos e deportes tradicionais, co consabido coñecemento das nosas raíces máis profundas da nosa infancia.
Leave A Comment