O Melga, novamente obxeto de estudo

Por segunda vez o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), foi obxecto de estudo, nesta ocasión, na Facultade de Ciencias da Educación da  Universidade de Santiago de Compostela(USC), cun traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Infantil. A posterior investigación histórica foi realizada polo coruñés Jonathan Calvo Fernández da Universidade Isabel I de Castela-León da Facultade de Ciencias do Deporte de Burgos.

O traballo de investigación desenvolvido durante estes últimos anos (2014) no Departamento de Didáctica da Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, leva por título “Aproveitamento de museos e do patrimonio da Costa da Morte para Educación Infantil”, cuxa autora é  Andrea Pérez González e o seu titor o profesor Xosé Armas Castro que levou a dirección e supervisión do mesmo.

Andrea Pérez é natural da Agualada do municipio coruñés de Coristanco e pertencente á comarca de Bergantiños (España). Podemos significar que Andrea é a primeira estudante de Galicia e por tanto a pioneira  da nosa área de influencia (Costa da Morte), que en defensa pública presenta un estudo sobre o MELGA, para a obtención do título de Grao en Educación Infantil.

O traballo divídese en catro bloques moi ben definidos e que corresponden: O Museo como axente educativo; os Museos da Costa da Morte; Análise do Museo Etnolúdico de Galica (MELGA) e remata o seu traballo cunhas conclusións definitorias e puntuais. En canto ao primeiro apartado, Andrea Pérez, analiza a relacións existente entre o museo, a escola e a familia; a educación en museos para nenos de educación infantil; as visitas escolares e os centros de difusión do patrimonio e as experiencias innovadoras en museos con nenos de educación infantil. O cuanto ao segundo apartado relaciónanos alfabeticamente todos os museos existentes na Costa da Morte, coas súas direccións, lugares, horarios, orixe, contidos e actividades. No terceiro apartado, eixo central do estudo, realiza unha extensa análise pormenorizada do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), así como da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, sinalando as finalidades das devanditas entidades, lugar de localización, creador e fundador, os seus destinatarios, a organización do museo, instalacións, as actividades e talleres, a vida no museo, relación museo e escola, problemas e dificultades e aproveitamento didáctico do MELGA para a educación infantil. O traballo finaliza cunhas conclusións, facendo unha extraordinaria análise comparativa, sempre buscando como obxectivo, a relación e enfoque que lle dan os museos existentes da zona e o MELGA, á faceta educativa, pedagóxica e didáctica para alumnos en idades infantís, así como novas liñas de investigación e algunhas orientacións posibles na organización destes centros de cultura e coñecementos.

O tribunal calificador do TFG considerou, que o estudo realizado pola mestra en educación infantil, fóra valorada coa máxima cualificación universitaria. Parabén ao seu titor Xosé Armas e por suposto a Andrea Pérez.

O Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a dirección do museo, desexan agradecer o brillante estudo realizado, por considerar que será un gran difusor e referente no mundo docente e museístico, no coñecemento deste nova e xoven institución, como é o MELGA, que o seu obxectivo primordial diario é a divulgación para todas a nosas xentes, do Patrimonio Lúdico e Inmaterial de Galicia e como fonte de vida, os Xogos e Deportes Tradicionais.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.