En sesión vespertina, o día de onte venres 28, recibimos por sorpresa, pois a excursión non estaba nin planificada nin solicitada para visitar ese día o MELGA, senón que a mesma estaba encamiñada a un día exclusivamente de sol e xogos na praia de Balarés. Ao contar cunha mañá co típico “orballo” galego e ao non poder gozar dos areais pontecesanos polas inclimencias metereológicas antesdicha, o grupo Brincadoiro Centro Lúdico Educativo de Arteixo, solicitou á dirección do Museo Etnolúdico de Galicia, unha visita guiada para aproveitar e non dar por perdido o día programado. Por suposto, a dirección do museo concedeu dita petición e ao mesmo tempo ofreceu as instalacións do edificio, para que todos os compoñentes do grupo puidesen xantar baixo cuberto nas instalacións do Centro Cultural. Así levou a efecto a dobre concesión.
Os visitantes formábano unha trintena de nenos e nenas de entre os 4 e 14 anos e todos eles acompañados polas súas profesoras Tamara Barreiro, Paula Vázquez e Trindade Docampo como encargada da asociación. A duración da visita estivo entre as dúas horas e media de entretemento, xogo e diversión, atopando un interese máximo no conxunto de excursionistas na súa participación e competición dos xogos e deportes tradicionais galegos. Unha tarde sorpresiva para todos os excursionistas, polo interesante e entretida da mesma, pois sería unha gran pena, segundo comentarios das profesoras, o desprazarse a Ponteceso e non facer unha visita ao MELGA. Imperdoable! Pero… esperaban emendar devandito erro e para o ano entrante volverían como opción obrigada a outra visita guiada ao museo pontecesán, polo bo sabor de boca que lles deixara a actividade cultural e lúdica recéntemente rematada .
Leave A Comment