Membros do Concello de Santiago de Compostela interesanse polo Melga de Ponteceso

Un grupo composto por dez persoas do Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), hoxe mércores pola mañá desprazáronse a Ponteceso, para coñecer de primeira man, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). A visita foi planificada de forma persoal e particular e non de maneira guiada.

O interese do grupo non era outro que descubrir as condicións do museo e as posibilidades de preparar próximamente, unha visita guiada cun grupo mais numeroso, xa que as opinións que lles comentaban sobre o mesmo, eran moi satisfactorias e halagüeñas polo seu aspecto lúdico e cultural.

Como nese momento o director do MELGA atopábase no seu despacho, aproveitou para saudarlles e explicarlles algunhas cuestións que non comprenderan, así como convidou a todos eles a participar de maneira práctica, daqueles xogos tradicionais galegos expostos nas salas do museo, pois crían que non se podían experimentar con eles.

Despois de casi tres horas de itinerario teórico-práctico polas salas do museo, a súa impresión foi inmellorable, comentando que cando chegasen a Santiago, poñían man á obra, para preparar e planificar a próxima vinda ás nosas instalacións para visitarnos, pero nesta nova ocasión nunha visita guiada para todos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.