MOITOS VISITANTES FORÁNEOS VISITAN O MELGA NO DÍA DA PATRIA GALEGA

Aínda que pareza mentira, o día de hoxe 25 de Julio-20, Día da Patria Galega e o Santo Patrón Santiago, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, non contamos con ningún cidadán galego na visitas por libre nin guiadas, aínda sabendo que a entrada era de portas abertas e entrada gratuíta. Sorpresivamente, ocorreu o mesmo que no 2019, (ningún visitante local, nin autonómico), pois os anos seguintes 2020 e 2021 pola pandemia non se puido abrir o museo. Cremos que posiblemente deberiamos cambiar o nome do noso “Gran Día de Galicia”, cambialo polo “ Gran Día do Turista”.

Os visitantes corresponderon a outras comunidades autonómicas de España e a outros países europeos ou asiáticos. O perfil dos mesmos eran turistas, de carácter eminentemente familiar, que estaban interesados en coñecer a Costa da Morte e porque non, nos seus itinerarios como parada de descanso, coñecer o museo pontecesano. Como dato curioso sobre os asistentes ao MELGA no día de hoxe, o seu medio de transporte foi a autocaravana. Nalgún momento da mañá, o noso amplo aparcadoiro, non daba cabida a tanta “casa ao lombo”. 

A procedencia dos mesmos foron de Rivas, Torrelodones, Xetafe e Madrid (Madrid), Alacante e Valencia (Valencia), Málaga e Xaén (Andalucía), Zamora, León e Salamanca (Castela e León), Xirona (Cataluña), Pamplona (Navarra), e Rentería (Vascongadas). Madrid foi a comunidade autónoma con maior número de grupos (4 en total). En canto a estranxeiros a súa pertinencia viña de Francia (Toulouse ) e Marselle (Bretaña Francesa), Xordania (Azraq), Londres (Inglaterra), Paraguai (Encarnación) e Lucerna (Suíza). 

Aproveitando a estancia do noso guía-director do centro museístico, en honra á festividade do Día Nacional de Galicia, realizou para cada unha dos visitantes, unha visita guiada parcial, expoñéndolles teórica e practicamente, algúns dos Xogos e Deportes Tradicionais do noso Patrimonio Lúdico, Cultural e Inmaterial de Galicia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.