Moitos visitantes cítanse no MELGA para visitarnos nas vacacións de Semana Santa

Outro ano máis, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), abriu as súas portas en Semana Santa para dar un servizo museístico a todos aquelas persoas interesadas en coñecernos. Os horarios de visitas neste período vacacional foron: Xoves, venres e sábado en dobre xornada, matutina e vespertina, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h e o domingo soamente en xornada matinal de 11:00 a 14:00 h. Soamente foron visitas por libre ou persoais e ningunha visita guiada.

O inicio da Semana Santa, por motivos meteorolóxicos, sinceramente, aveciñábasenos como moi complicada polos grandes temporais que se prognosticaban sobre Galicia e se engadimos a iso as moitas cancelacións de reservas de turistas na zona, como podemos imaxinarnos, os agoiros eran sinceramente pesimistas, pero ao final convertéronse nun gran acicate para visitar en familia, os recintos pechados dos nosos museos, seguramente.

Desde o primeiro día de inicio de visitas turísticas, foi moi exitosa e satisfactoria, sen dúbida nalgúns momentos moi sorprendentes, polas circunstancias especificadas en liñas anteriores, debido á gran cantidade de persoas que se achegaron ás instalacións museísticas da nosa localidade pontecesá, xa que a participación final foi aproximadamente un 15% máis que o ano anterior de 2024, pois excedemos o centenar e medio de persoas (172 en total), batendo a marca dos anos anteriores despois da pandemia. Queremos resaltar que durante estes días, moitos dos visitantes xa se atopaban facendo cola antes da apertura do museo e moitos deles, gozando dalgunha das xornadas na súa totalidade horaria.

Os grupos visitantes procedían na súa maioría da provincia da Coruña (Santiago (3); Carballo (3); A Coruña (3); Camariñas; Malpica; Cabana de Bergantiños; Carral, Ponteceso, Zas e Arteixo); da provincia de Pontevedra (Cangas e Marín) e da provincia de Ourense (2). Doutras comunidades autónomas españolas tivemos visitas de grupos familiares de Asturias, Valladolid, Madrid e Valencia. Este ano non houbo participación estranxeira. Polo xeral as persoas que nos acompañaron nalgunhas das xornadas planificadas de Pascua, era a súa primeira vez en visitarnos, pero tamén había algún grupo que xa repetiran dous ou en tres ocasiones.

Hai que comentar que a totalidade dos membros que pertencemos ao MELGA, atopémonos moi satisfeitos por ter a oportunidade de abrir nestas datas tan destacadas, ampliando unha hora máis o noso horario vespertino, para dar visibilidade ao noso Museo do xogo e do deporte, que como é sabido de todos,  na actualidade un referente en canto a museos desta modalidade lúdica e inmaterial en Galicia, España e no mundo.

Sentimos enormemente agradecidos polas palabras dedicadas no noso Libro de Visitas da maioría dos visitantes: “por coñecer un museo tan especial, por facernos volver ao pasado, polo “guay” e ben que o pasamos; pola amabilidade e atención dos seus guías, pola cantidade de xoguetes e pezas en exposición, por facernos pasar unha mañá ou unha tarde enteira sen darnos conta que se nos ía o tempo, cita indispensable para coñecer este orixinal museo, etc.”

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.