A piques de finalizar o curso escolar 2020-21, este último mes de xuño, é unha boa oportunidade para achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso e realizar unha visita guiada con grupos escolares reducidos e coas normas restritivas obrigadas correspondentes ao COVID-19.
Pois despois dun ano inmensamente complicado e atípico, non estaría mal que os alumnos/ as de calquera centro docente, sobre todo por aula (15 a 20 discentes e profesores acompañantes), puidesen realizar unha xornada cultural e lúdica diferente de asueto, por unha banda para desentumecer o corpo dunhas longas xornadas en recintos pechados e sedentariamente e por outra banda (cabería a posibilidade de facela antes do comezo dos exames ou despois do final deles)/deles), para compensar e desfogarse do esforzo realizado durante estes últimos meses de intenso traballo escolar.
Outra das cuestións importantes destas datas e con grupos reducidos é que os participantes, poderían executar na súa totalidade os xogos e deportes tradicionais programados e sen abafos, non como nalgunhas ocasións, que ao ser tan numerosos os grupos, ao final da mesma, sempre existe algúns compoñente que non pasan por todos os xogos, e eso non e a pretensión final da sesión, xa que desexamos que todos participen.
Reserva xa a data, pois e unha ocasión ideal para achegarse o MELGA e divertirse¡
Leave A Comment