Despois dunha intensa e extensa xornada matinal con numerosos visitantes por libre e da visita guiada deste segundo sábado do presente mes de agosto, ás 17,00 h. da tarde, en xornada vespertina, recibimos a medio centenar de mozos, entre os 18 e 30 anos de idade, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Viñan acompañados polo monitor Sergio Vicente que representaba ao grupo e da monitora María Sánchez.
O grupo de mozos procedían de todo Galicia, na súa maioría mulleres e soamente oito mozos. Todos eles atopábanse instalados no Albergue Alalá Terra e Sons de Cabana de Bergantiños, cuxa directora é Mariluz Imia, que lles organiza sempre, dentro das variadas actividades diarias, unha visita ao museo. Neste caso, a través da Xunta de Galicia, fomenta que a mocidade galega de máis de 18 ata os 30 anos (primeira vez que se realiza nesta franxa de idade) participe en “Aventuras en Cabana”, en actividades de lecer saudable a través dos seus campamentos. Este é un dos cinco campamentos seleccionados en toda Galicia como o de Ribadeo, Allariz, A Veiga, Mondariz e o de Cabana de Bergantiños.
Estes campamentos forman parte da campaña “O teu mellor Verán” da Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade, que desde o pasado mes de xullo e agosto desenvolverán roteiros, actividades artísticas, acuáticas, de multiaventura, ofrecendo a posibilidade de que a mocidade galega empregue o seu tempo de lecer estival en actividades de educación non formal, de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
A duración do percorrido durou máis aló das dúas horas e media e o grupo hai que comentalo foi excepcional, tanto polo seu interese, pola súa implicación na visita, participación ao máximo nas prácticas e sen dubidalo na aprendizaxe nova que se lles ofrecía. Sen dúbida, aínda que eramos uns pouco escépticos na visita, polas idades dos nosos visitantes, pero podemos comentar que foi un dos grupos máis gratos, atrayentes, afectuosos e pracenteiros dos que pasaron polo noso museo. Un grupo moi compacto, solidario e inclusivo, pois se atopaban varias persoas con algúns problemas de discapacidade, pero parecía un grupo que levaban toda a vida xuntos. Fantásticos! Unha velada extraordinaria a realizada nesta tarde do sábado.
Curiosamente mentres desenvolviamos a sesión lúdica guiada, o MELGA seguiu recibindo constantemente visitas particulares ou de forma libre (como pola mañá) e por momentos as dúas salas estaban ao completo e ata se tivo que proceder, nalgún instante, ao acollernos aos “númerus clausus”. Unha xornada esgotadora pero moi satisfactoria e frutífera. Todos saíron emocionados e realizando unha saída marabillosa. Pola nosa banda un gran día moi recordable.
Leave A Comment