Un grupo duns vinte profesores e profesoras de diversos centros públicos da provincia da Coruña, recalaron onte pola mañá, despois de iniciar un percorrido cultural pola zona bergantiñá da Costa da Morte, para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
A xornada lúdico-cultural-gastronómica deu comezo ás 12,00 h. cun tempo limitado de dúas horas como máximo, polas circunstancias anteriormente ditas (coñecer outros lugares), a mesma foi planificada e organizada por segundo vez neste ano (anteriormente foron os directores de IES. da provincia), polo xerente da Fundación Eduardo Pondal, compañeiro e amigo do noso director, José María Varela e acompañados todos eles por Emilio Veiga Ríos director coordinador do Centro de Formación e Recursos (CC.PP.) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Os compoñentes do grupo foron recibidos e guiadas na visita por Ricardo Pérez e Verdes director do MELGA.
Como sempre a visita foi moi satisfactoria e como era de esperar moi curta, pero como dicía o Director do Centro de Formación e Recursos (CC.PP), …”non te preocupes, que así estamos seguros, que volverán de novo para sacarlle máis mollo á segunda vinda”.
Soamente tivemos palabras de agradecemento de todo o grupo, cara ao lugar visitado e dos novos coñecementos que se levaron sobre os xogos e deportes tradicionais, e a súa historia a través dos tempos. Nesta ocasión a parte menos dispoñible foi a da práctica dalgúns xogos, aínda que non deixaron de actuar en varios deles.
Como dato anecdótico, varios visitantes particulares, casualmente profesores de Ames, Santiago e Ferrol, uníronse ao grupo para seguir as explicacións do guía.
Finalizada a visita xantaron na praia de Balarés, visitaron o Faro de Roncudo en Corme, o museo do Forno dá Forteo de Buño, o dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños, etc… para dirixirse aos seus lugares de procedencia sobre as 21,00 h. Unha xornada cultural ao completo.
Leave A Comment