Máis de sesenta nenos e nenas do CEIP. Ou Coto de Negreira, de 4 e 5 anos de idade, desprazáronse a Ponteceso, para asistir a unha visita guiada ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), acompañados polas súas profesoras Teresa Gil, Mercedes Riveiro, Noelia Ares, Esther Carballo, Ángela Álvarez e como coordinadora Marta Vázquez. Ao ser un grupo moi numeroso e as súas idades moi temperás, a sesión foi aproximadamente dunha hora e media, e especialmente máis práctica que teórica, xa que o seu grao de atención era menor. Grazas á magnífica dedicación, interese e impagable labor educacional das súas profesoras, a xornada matinal foi excelente, aínda que nalgún momento o seu cansazo, despois dunha hora de autobús máis a visita, saíu á boia nalgún instante. Nesta ocasión os agasallos de xoguetes tradicionais, polos seus acertos e atención, levoullos para Negreira, o neno de 5 anos, Leandro Vidal.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment