No Día Mundial dos Museos xornada guiada do CPI. Bembibre (A Coruña)

En conmemoración do Día Mundial dos Museos e aproveitando a excursión de final de curso do CPI. De Bembibre (A Coruña), máis de sesenta alumnos/as  de pre-escolar, con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos de idade e acompañados polas profesoras/é titores/as do centro docente Pilar García, Isabel Mato, Noelia Rouco, Manuel Varela, Carlota Mato, Jonathan Gardado, Beatriz Estévez e Iria Noya que realizaba a función de coordinadora do grupo, visitaron por primeira vez, un colexio do Val do Dubra, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso.

Foi unha sesión matinal ao completo xa que despois de dúas horas e media aproximadamente de visita guiada, tiveron o seu xantar reponedor na biblioteca do Centro Cultural, pois finalizada a mesma, o tempo non acompañaba, aínda que posteriormente saíu o sol e neses momentos todos os nenos e nenas do centro escolar de Bembibre, desprazáronse á Casa de Pondal e visitaron a praia de Balarés, onde tiñan previsto desde o principio, sacar as viandas para comer ao aire libre nunha paraxe tan excepcional como o piñeiral da praia.

O encontro deixounos un novo record de “Castelos de cadolos de mazarocas” obtendo os nenos/as do centro, David, Mateo, Brais, Natalia, Luis, Pablo, Noelia, Nuria, Felipe e    axudados un “pouquiño” polo seu profesor Jonathan, unha nova marca, superando a anterior que se atopaba en 24 pisos, logrando estes, sen que caese ningún deles, 25 plantas en construción. Parabén aos vencedores!

Tanto a sesión teórica (menos) e a práctica (moita) polas idades dos visitantes, foi impresionante xa que todos atopábanse tan entusiasmados e curiosos co que alí se dicía e realizaba,  que a sesión do tentempié, non se desenvolveu, aínda estando previsto devandito descanso, realizando as dúas horas continuadas sen parada intermedia. Un gran esforzo, sen dúbida, o realizado por uns nenos de tan curta idade, sabendo que a súa capacidade de atención é relativamente  exiguo! Os profesores/as, pola súa banda, transmitiron á dirección do museo “a súa excelente sorpresa, acerto e  satisfacción pola visita (tanto discentes como docentes) e que non dubidarían en transmitilo a outros centros compañeiros docentes, como lles pasaba a eles con esta cita, comunicada por outros educadores polo procedemento do  “boca a boca” e non pola información turísitca “.

E parece que funciona.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.