Nova reportaxe televisiva no Melga dun programa da gallega

No día de onte, mércores día 27 do presente mes de xaneiro-21, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, converteuse nun estudio de televisión a cargo da Televisión Galega (TVG). O programa estivo guiado pola xornalista María Blanco acompañado polo cámara Marcos Portela.

Durante mais dunha hora de gravación, as imaxes foron tomadas para o programa “MALICIA NOTICIAS”, é un programa de actualidade,  un noticiario de humor, unha comedia informativa que analiza a actualidade dunha maneira diferente. As cousas non sempre son como parecen que foron. Nesta ocasión, mostrará e analizará os xogos e deportes tradicionais galegos, os xogos modernos, o MELGA, as visitas, os diferentes xogos para cada idade, os xogos estacionais, etc. todo iso, en clave desenfadada.

Nova reportaxe televisiva no Melga dun programa da gallega

 

Aínda que se gravou as imaxes no día de onte, aqueles interesados pódeno visionarlo a noite do domingo no panel da Televisión de Galicia. Cremos, que o programa pola súa amenidade, interesante e divertido vai entreter moito, sen dúbida, como final de semana e de mes de xaneiro pandémico.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.