No termo dunha semana, tivemos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), dúas visitas guiadas do campamento de Ponteceso. Nesta ocasión, o grupo compoñíano 14 nenos e nenas, entre os 9 e 13 anos de idade, das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, e cos seus profesores/monitores Lucía Rodríguez, Eva Carril e Óscar Padilla que ostentaba o cargo de representante do grupo.
Os campistas foran seleccionados pola Xunta de Galicia e viñan da man da Fundación Eduardo Pondal e a Concellería de Política Social. O programa deste campamento levaba por título: “Temática científica, robótica e a programación de sistemas”. Esta edición do campamento procedía do centro escolar Isidro Parga Pondal.
Durante mais de dúas horas e media (de 17,00 a 19,45 h.) de visita guiada, o case vinte persoas que nos acompañaron, gozaron enormemente da información transmitida polo noso director-guía e da consecuente práctica dos xogos tradicionais nas dúas salas do museo.
A impresión que levaron, segundo os seus monitores, era magnífica, pois para eles era “alucinante” o coñecer por primeira vez, este recinto tan excelente para pasar unha xornada lúdica festiva tan divertida. Aínda que por todos os medios desexaban conseguir algunha marca sobresaliente nas diversas actividades, finalmente non o conseguiron. O premio da visita guiada, nesta sesión foi para Teo Nieto de 13 anos que levou como recompensa ao seus acertos, unha pequena colección de buxainas e un xogo do MELGA do tres en raia. Unha xornada intensa e moi participativa.
Leave A Comment