Un grupo de preto de unha trintena de persoas do ANPA da Escola Unitaria Caamaño de Porto do Son (A Coruña), realizaron unha convivencia educo-interxeracional para visitar o MELGA de Ponteceso, este domingo día 18 de novembro do presente ano 2018, en xornada matinal. Era a primeira vez que nos visitaban, xa que por varias circunstancias non puideran achegarse, pero o estaban a desexando, pois as referencias que dispoñían do recinto museístico, eran en grao sumo satisfactorias. A colectividade viña dirixida e coordinada pola presidenta da Asociación de Pais e Nais do centro escolar Laura Gutierrez.
Tanto pais, nais, fillos e fillas durante máis de dúas horas e media, escoitaron as explicacións do guía do museo así como participaron en todo momento das prácticas dos diferentes xogos tradicionais propostos. Un grupo moi novo, moi participativo e entusiasta que gozaron “como nenos” con toda a familia nun día de convivencia lúdica no museo de Ponteceso, segundo os seus comentarios.
Finalizada a visita guiada, o director convidou a todo o grupo a visitar as exposicións de “O peón nas Belas Artes” e “Peonzas do mundo”, onde se lles expuxo as peonzas, trompos, perinolas e perindolas máis orixinais da mostra, así como a maneira de facelas virar. Por suposto, tanto os maiores como os nenos atopáronse asombrados coas demostracións realizadas
A presidenta da asociación, comunicou á dirección do centro, que pronto volverían de novo, pois moitos dos que non puideron achegarse neste día, por problemas diversos, transmitíranlle que se propuxese outra data para visitarnos.
Leave A Comment