Unha trintena de campistas, en idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, do Centro Social Sacra Familia da Coruña, o xoves día 12 de xullo, visitáronnos cos seus monitores e monitoras, Lucía Garea, Carlos de la Rosa e Begoña García como promotora da actividade. Aínda contando cun grupo bastante “desigual”, nas súas idades, a adaptación foi excelente. Este campamento de verán era a súa primeira vez en visitar Ponteceso e máis concretamente o MELGA, sendo nesta ocasión, unha recomendación de varios pais e algúns profesores de centros docentes, que os seus fillos comentáranlle na súa visita anterior, que dita actividade, segundo a opinión da encargada do grupo era moi recomendable.
Non deixaron de xogar os preto de vinte e cinco xogos que levan sempre a cabo durante a visita guiada, así como as explicacións e anécdotas que o guía do museo transmitíalles sobre a historia dos xogos e deportes tradicionais.
Hoxe foi unha xornada con sesión dobre, outra máis, destacando o aumento enorme que o MELGA está a ter este ano 2018 de afluencia de visitas guiadas de campamentos rurais, urbanos e deportivos. Cremos que é unha boa opción para romper a rutina dos típicos campamentos monográficos.
Leave A Comment