O Campus Igualdade de Laracha chega ao Melga e bate o récord de castelos de pinzas da roupa

Chegan ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un grupo de trinta nenos e nenas do Campus Igualdade da Laracha (A Coruña), comprendidos entre os 3 e os 10 anos de idade, coas súas monitoras Noelia Belo, Cristina Fraga e Patricia Vicente que realizaba o labor de representante do grupo, para realizar por segunda vez unha visita guiada ao museo de Ponteceso.

Con máis de tres horas de percorridos polas salas museísticas escoitando e practicando xogos que o guía dirixía, o tempo pasou, segundo todos os compoñentes, moi rápido e desexaban continuar toda a mañá, gozando dos diferentes xogos galegos e doutros países, antes do xantar correspondente. No xogo de construción “castelos de pinzas da roupa” o grupo de pequenos, os de 3-4 e 5 anos, que obtiveron a recompensa de bater a marca que posuían o grupo escolar de Finisterre, desde facía algún tempo, con 28 pisos estables e nesta ocasión establecen nova marca con 29 pisos asentados firmemente.

 

 

Destacamos que o premio da colección de peonzas da visita guiada, que ofrece sempre a dirección do centro lúdico-cultural, nesta ocasión levoulla a nena de 7 anos chamada Aroa Gómez.

Tamén temos que facer mención á gran cantidade de persoas visitantes (turistas) de diferentes partes de España e de Galicia, que seguen enchendo as salas do museo, quedando nalgún momento “ full” as salas. Hoxe foi outro día dunha gran presenza de visitantes no MELGA de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.