Ao redor de oitenta nenos e nenas de 5 e 6 anos de educación infantil do CEIP. Bergantiños de Carballo, achegáronse a Ponteceso esta mañá de venres 14 de febreiro-20, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Todos eles viñan acompañados das súas profesoras/res-titores María Docampo, Cristina Bouso, Ana María Patiño, Celia Martínez, José Manuel González e Iria González que coordinaba a actividade.
Ao contar con nenos tan pequenos e o grupo era numeroso, a visita guiada tivo os seus inconvenientes, pero foron emendados co bo comportamento do grupo e dos seus profesores. Dividiuse a sesión en dous partes cun intermedio para repoñer forzas. Na primeira hora percorreron a primeira sala escoitando as explicacións do guía así como participando dos diferentes xogos tradicionais galegos. Na seguinte hora visitaron a segunda sala observando os diferentes xogos e deportes a través da historia, competendo nalgúns xogos expostos na sala, aínda que non coa profundidade debida.
Tentaron bater algunhas das marcas dos xogos propostos pero non conseguiron ningún; terán que adestrar un pouquiño máis para o ano entrante! xa que estaban dispostos a regresar de novo. Para este nivel era a primeira vez que nos acompañaban, aínda que o centro escolar era xa a súa terceira participación no museo con grupos e niveis diferentes.
Leave A Comment