O CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso na súa cita anual ó Melga

Hoxe mércores día 21 de marzo, o CEIP. Eduardo Pondal do concello de Ponteceso, desprazouse ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), como todos os anos por estas datas, para realizar unha visita anual guiada ao mesmo. Visitáronnos medio centenar de nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, de educación infantil. Acompañáronos os profesores/titores Rocío Alvarellos, Silvia da Igrexa, Beatriz Méndez, Mila Martínez e como coordinador da actividade Xalo Vázquez.

 

Case dúas horas e media de percorrido matinal (10,00 h. a 12,30 h) polas salas do museo, participando de moitos xogos adaptados ás súas idades e escoitando con moita atención todas as explicacións alí emitidas polo director do Museo. Fíxose fincapé e en profundidade nos xogos antigos de Exipto, xa que neste trimestre, devanditos alumnos/ as tiñan como traballo docente, o coñecer todo o referente a este ilustre imperio.

 

Ao final da sesión lúdico-cultural fíxoselles un agasallo a cada unha das tres clases, para que comezasen a súa colección particular sobre os xogos e deportes tradicionais. Nesta caso foi unhas perinolas, perindolas e peonzas, pois sabemos que Exipto foi, alá polos 2.400 anos A. C. o creador e inventor deste pequeno artefacto giratorio.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.