Case unha década da inauguración do noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, había un centro docente carballés, que nunca asistira a unha visita guiada e mira por onde, onte luns 27 de marzo-23, en xornada matinal, visitounos devandito centro: o CEIP. Fogar de Carballo. O municipio de Carballo é unha das poboacións de Galicia que máis representación escolar tivemos durante estes dez anos en canto visitas guiadas, e pódese dicir, que co Fogar completamos o círculo total, teniendo en cuenta que moitos deles repetiron, ano tras ano o seu achegamento anual ao MELGA.
O grupo correspondía a catro clases (A-B-C e D) de 2º curso de primaria, cuxa idade era a de 7 anos e en total alcanzaban case a centena de alumnos e alumnas do devandito centro escolar e todos eles, viñan acompañados dos seus profesores-titores José Antonio Vázquez, Ana Campos, Ángeles Trigo, María Monserrat Castro e Verónica Torres.
Como era a súa primeira experiencia no noso museo, o tempo que dispuxeran os organizadores era tremendamente curto e por tanto, a mesma foi un “visto e non visto”, aínda que si, gozaron moito dos xogos de exterior planificados, máis que os de interior. Tanto a profesora Manuela Vázquez que acompañou na sesión ao noso guía, comentaron que o grupo fora modélico na súa actitude, moi participativo e disciplinado. Cun pouco de máis de dúas horas, tanto profesores como alumnos, desexaban regresar de novo o máis pronto posible xa que lles entusiasmaba a “excursión”.
Leave A Comment