Esta mañá, martes día 07 de febreiro-23, achegáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un grupo de case 40 alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria (8 e 9 anos) do CEIP. Milladoiro da veciña localidade de Malpica de Bergantiños, para realizar unha visita guiada ao museo, cunha duración aproximada de tres horas, Viñan acompañados dos seus profesores/titores Álvaro Queiro (coordinador e representante do grupo), Belén García e Almudena Fariña, mestra de educación infantil en prácticas. A mediados do mes de novembro-22, xa recibiramos ao grupo de 1º e 2º de primaria para realizar a mesma, despois dunha ausencia de 6 anos, por motivos da pandemia. Consideramos que é un “fixo” dos centros que nos visitan, desde que se inaugurou o noso recinto museístico.
A xornada teórico-práctica podemos comentar que foi excelente polo seu interese, atención e participación práctica. Un grupo magnífico. As tres horas pasáronlles “voando” segundo comentaban, tanto profesoras como alumnos/as e aínda así quedou a segunda sala sen tempo para realizar as prácticas consecuentes. Aínda que o tentaron non bateron ningunha marca nesta ocasión, nos concursos realizados, aínda que o centro escolar mantén aínda o record de pinzas da roupa, con 40 pisos estables, desde o ano anterior.
O vencedor da xornada foi para o neno Damián García de 9 anos de idade, que obtivo as respostas adecuadas ás cuestións expostas durante o percorrido por Ricardo Pérez e Verdes. recibindo os obsequios duns xogos tradicionais, establecidos para o caso. Segundo comentarios dos profesores/as e alumnos/as fora “unha pasada” de visita, pois fora unha sesión francamente entretida, didáctica e moi inclusiva.
Leave A Comment