Onte pola mañá, preto de setenta nenos e nenas do CEIP. Ramón Otero Pedrayo da Laracha (A Coruña), acompañados das súas profesoras-titoras Silvia Pérez, Cristina Couto, María José Casal, Tania Vázquez(coidadora) e María Jesús Pazos que exercía a función de coordinadora do grupo, achegáronse ás instalacións do Centro Cultural do concello de Ponteceso, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
Os visitantes nesta ocasión eran de 1º e 2º de primaria con idades comprendidas entre os 6 e 7 anos de idade. Cunha duración de mais de tres horas de percorrido, pola las salas do museo, de 10,30 h. a 13,30 h., tanto alumnos como profesoras escoitaron atentamente as explicacións dadas polo guía así como das prácticas de desafío que tiñan entre eles, para conseguir ser o máis habilidoso e con máis forza do grupo. As profesoras non quedaron atrás, competendo a rabiar entre elas mesmas e como non coas súas alumnas e alumnos. Finalmente todos os visitantes foron convidados a ver as dúas exposicións, inauguradas onte sobre “A peonza e as Belas Artes” e “ Peonzas no mundo”, facendo as delicias de todos e ata puideron bailar algunhas delas.
Aínda sendo un grupo moi numeroso, a sesión realizada por todos é digna de mención, tamén é verdade, que a axuda das profesoras e coidadora foi magnífica. Hai que destacar a gran satisfacción que nos supuxo a todos ver á nena Carlota, con problemas de movilidade, sorrir longamente e participar con alegría, como todos os seus compañeiros/as, nas propostas designadas e non deixaron de aplaudir as súas fazañas e logros nos diferentes xogos tradicionais desenvoltos por ela.
Un gran día de inmensa felicidade.
Leave A Comment