Como a semana anterior a Semana Santa, o colexio privado coruñés de Hijas de Cristo Rey, situado na localidade do Carballo (Oleiros), visitounos por segunda vez no termo dunha semana, con outro grupo numeroso de 80 alumnos/as de 5º e 6º de primaria de infantil, cuxas idades comprendían os 10 e 11 anos de idade. Estes discentes viñan acompañados dos seus catro titores Nela González, Rocío Vázquez, Beatriz Martínez e Eugenio Dourado que exercía de coordinador xeral da actividade e casualmente fora alumno do noso director na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.
Con esta visita deuse por finalizada a participación dos 8 grupos que ten o centro docente de 5º e 6º do ciclo de primaria. Con algunha ausencia por enfermidade, podemos comentar que a totalidade destes cursos realizaron desta extraordinaria (segundo comentarios), «excursión cultural e lúdica» no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
O desenvolvemento da visita fixouse, como a anterior, en dous subgrupos de 40 alumnos/as, realizando a visita de tres horas, conxuntamente nas dúas salas que dispón o museo. A continuación rotáronse as aulas, os que antes estaban na parte teórica pasaban á parte eminentemente práctica. A visita transcorreu dunha maneira satisfactoria e frutífera. Tanto para alumnos/as e profesoras era a súa primeira vez en visitarnos, a excepción do profesor Eugenio Dourado que era o seu segundo ano (2018). O comentario xeral que devandito centro, transmitiron, que en futuras vindas ao MELGA, propoñerían ao centro, que se fose posible, a visita fóra con menos cantidade de alumnos/ as por sesión, xa que desexaban participar moito mais da sesión, con menos xente.
Por fin! un alumno Jorge Sande Castro de 10 anos levou o premio concedido para o acertante do control realizado polo guía, pois como anécdota a destacar, durante o últimos oito anos de visitas guiadas, SEMPRE se levou «o gato ao auga» unha alumna.
Coma o tempo acompañou, todos os participantes, gozaron dun xantar campestre, no campo de xogos exterior do Centro Cultural e como «sobremesa» seguiron desenvolvendo aqueles xogos que coñeceran durante a visita. Sobre as 15:30 h. da tarde saíron en varios autobuses cara ao seu centro escolar oleirense.
Leave A Comment