Onte iniciouse a tempada de visitas guiadas para grupos escolares do presente ano 2017. Nesta ocasión, como de costume e por cuarto ano consecutivo, os primeiros visitantes foron, unha vintena de alumnos de primeiro da ESO do colexio Fonteboa. Centro de Promoción Rural-EFA de Coristanco-Carballo (A Coruña), acompañados polo seu titor e profesor de tecnoloxía Gumersindo Capelo e por Alberto Fernandez profesor de Educación Física.
O obxectivo da presente visita non foi outra que, despois de practicar e escoitar as explicacións recibidas polo director do MELGA no seu percorrido polas salas expositivas, mais de tres horas de percorrido, cada alumno debía de seleccionar os tres xogos ou deportes tradicionais que máis lle impactaron, confeccionalos e reproducilos na materia de tecnoloxía e finalmente, despois da súa valoración, realizar unha exposición no centro para seguir engrandeciendo o centro de interpretación dos xogos e deportes tradicionais, que conta nestes momentos o centro como labor educativo e nun futuro contar con un pequeno museo de reproducións, feito exclusivamente cos traballos realizados polos alumnos do centro. Unha xornada moi especial e un grupo excepcional.
Leave A Comment