Onte mércores día 24 do presente mes de novembro, visitáronnos un grupo de alumnos e alumnas de 5º de primaria (10 anos) de Cée, cos seus correspondentes profesores-titores e hoxe xoves 25, na súa cuarta sesión desde o 2018, recibimos aos discentes do mesmo centro escolar CPR. Plurilingüe Manuela Rial Mouzo da localidade ceense. Nesta ocasión o grupo conformábano 35 compoñentes de 6º de primaria (11 anos) acompañados dos seus profesores Abrahán Ríos e Estela Vigo encargada e programadora da devandita actividade.
Da mesma maneira que nos pasou onte cos alumnos/ as de 5º con respecto ás horas que tiñan dedicadas para visitar o MELGA, de novo quedou reducida a dúas horas e cuarto aproximadamente. A primeira sala foi visitada en profundidade e en cambio de quedou moi corta a segunda sala. A nena de 11 anos Lucia Rodríguez Paz levou a colección de buxainas, buxainas, perinolas e perindolas, como premio aos seus coñecementos sobre o patrimonio lúdico de Galicia.
De todos os xeitos a visita guiada realizada polo noso director, foi intensa e moi aproveitada, tanto polos alumnos como polos profesores. Todos participaron nos diversos xogos programados, aínda que o tentaron, pero non alcanzaron ningunha marca destacable. Comentaron que se exercitarán, desde este instante con moito mais ímpeto, para vir o próximo ano en mellores condicións. Un grupo excepcional con moitas ganas de volver e gozar da totalidade dos xogos tradicionais de interior existentes no MELGA.
Leave A Comment