Hoxe xoves día 22 de xuño, de 12,30 h. a 15,00 h., visitounos o segundo grupo do día, o Colexio Público María Pita da cidade herculina, nun número de 50 alumnos/as de 5º de educación primaria, de entre os 10 e os 11 anos de idade. Viñeron acompañados dos seus profesores Luís Martínez e Adriano Pita como coordinador de actividade. A xornada lúdica transcorreu, durante máis de dúas horas e media, cun gran interese as explicacións dadas polo director do centro museístico así como da práctica levada a cabo con xogos e deportes tradicionais galegos e doutras comunidades españolas. Rematada a mesma, nos participaron que fora unha agradable sorpresa o coñecer de primeira man o MELGA, pois descoñecían da existencia do devandito museo.
Todos os visitantes desexaron que pronto se repetise a experiencia para volver ou ben cos seus familiares, nalgún campamento urbano de verán ou de novo no próximo curso. FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS A TODOS!
Leave A Comment