Sesenta anos non é nada!
Aínda que a data do Aniversario do club de fútbol masculino do Puenteceso SD correspondía ao día 12 de abril de 1964, onte domingo día 14 do presente mes e ano-24, organizouse un pequeno, pero moi emotivo homenaxe a aqueles pioneiros do “balompé”, que fixeron que xerminase esta modalidade deportiva no concello de Ponteceso e que tanto furor e éxitos alcanzaron os xeracións seguintes, a través destes últimos anos.
Antes do encontro que levou a cabo, no magnífico campo das instalacións municipais do Pinguel, nun ambiente festivo e con moitos espectadores nas bancadas, sobre as 19:30 h. entre o Puenteceso SD e o CD Baiñas de Vimianzo, unha entrega moi especial como a bufanda do club aos homenaxeados, imposta polo presidente da entidade Miguel Cousillas e un saque de honra, por cada un dos “cinco magníficos” presentes, da devandita “promoción deportiva”.
Por problemas de axenda, localización, saúde e algúns que xa non se atopan entre nós, en representación dos máis dunha trintena que conformabamos a primeira sección do club pontecesano, a “tribo balompédica” foron: Juan Carlos Abella, Pedro Bazar (Pelei), José Lema, Manuel Álvarez e Ricardo Pérez e Verdes (Richard).
Segundo palabras do presidente e a súa Xunta Directiva, este pequeno avance de homenaxe, terá continuación, data aínda por determinar, dun gran acontecemento, coa maioría de participantes, con conferencias, exposicións, música etc.
Un gran día, non só polo acto en se mesmo, senón tamén pola vitoria lograda polo Ponteceso, no encontro de 2ª categoría de Galicia da liga da Costa Grupo 2º da xornada 26 cun resultado de 3 a 0.
Desde este momento quedan todos convidados a asistir a devandito acontecmiento, no momento que se coñeza a data da mesma, será remitida a todos os medios de comunicación para a súa difusión.
Leave A Comment