O DIRECTOR DO MELGA NUN PROGRAMA EN DIRECTO DA TELEVISÓN GALEGA

Este sábado día 04 do recentemente iniciado mes de xuño-23, celebrouse no Monte do Faro, a XVIII Edición da Festa do Raxo na parroquia de Brantuas, no municipio de Ponteceso, organizada pola asociación A nosa Señora do Faro., cumpríndose así mesmo a maioría de idade da devandita festa gastronómina. Todos os asistentes puideron degustar a exquisita carne de lombo, ou tamén máis peculiarmente coñecida como “raxo”. Este ano a lectura do pregón correu a cargo do poeta pontecesán Miguel Mato. 

Pola tarde, realizouse un programa ao aire libre en directo, no Monte do Faro, da televisión galega, cuxo titulo é “Carballeira”, un programa de entretemento cultural, social, gastronómico e turística dunha zona determinada de Galicia, onde, exista unha festa de interese xeral e que ademais descubra lugares descoñecidos a través da vida dos seus veciños. Pasaron polo estudio diferentes estamentos e personaxes da zona, entrevistados pola actriz María Mera.

Para finalizar o programa deste último sábado, foi convidado para esta ocasión, o director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) Ricardo Pérez e Verdes, que explicou antes as cámaras dúas dos xogos de taboleiro antigos da historia, facendo fincapé no “Xogo Real de Ur” (primeiro na historia con 2,600 a.C. Mesopotamia) e o xogo de mariñeiro e pescadores do norte de Europa, “Pechar a Caixa” (S.XII d.C.). Antes da entrevista, presentouse en pantalla a reportaxe que se gravou nas instalacións do MELGA, con Ricardo, a semana anterior e que se emitía en primicia neste día prefijado de antemán. 

Desde as 11,00 h. da mañá, ata a madrugada, o Monte do Faro, converteuse nun gran comedor baixo unha carpa, unha pista de baile ao aire libre, un estudo de televisión, unha exposición de coches antigos e un parque infantil de inchables para os nenos. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.