Na tarde de onte sábado día 27 de novembro do presente ano-21, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) colaborou co organizador do evento, o concello de Zas (A Coruña), no I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos con motivo da celebración do “Mes do Patrimonio” no marco incomparable das Torres do Allo.
Con mais de dúas horas e media de duración /16,00 h. a 18,00 h.) todos os zasenses puideron gozar nas instalacións exteriores das Torres do Allo, dos xogos propostos e programados do noso museo. Non faltaron os xogos de carreiras de sacas, tartarugas e mazarocas; as andas, o tirafungueiro, a pesca, os birlos, as chochas, o zurriagazo, a turra da maroma, o varapau, a ra, a mariola e as noces. Tamén tiveron a oportunidade de practicar os deportes de lanzamento de precisión , nenos, novos e adultos, da Chave e dos Birlos.
Unha tarde moi especial con respecto aos xogos tradicionais, xa que era a primeira vez que nos desprazabamos ao devandito lugar, onde a maioría dos presentes conoceron novos xogos galegos, e a mesmo tempo tamén puideron realizar diversas actividades propostas polo concello como: contos, obradoiros de trenzado de palla, cestería, castañas, música e traballos manuais. Unha xornada ao completo, cunha participación importante, aínda sabendo que o tempo non nos acompañou moito.
Desexamos agradecer ao técnico de Deportes Fidel Otero e á Técnico de Patrimonio Verónica Silva coordinadora da xornada, do Concello de Zas, pola súa visita matinal a coñecer o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) que aínda non puideran obter unha ocasión propicia e necesaria durante estes últimos tempos, para achegarse ao mesmo. O noso director Ricardo Pérez e Verdes, fixo con moito gusto de anfitrión dos técnicos, nunha curta, pero intensa visita guiada.
Leave A Comment