O MELGA CONVIDADO Ao MAKER FAIRE GALICIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Onte domingo chegou ao seu final de festa da IX edición do “Maket Faire Galicia” (Feira Fabricantes Galicia) desenvolvida en Santiago de Compostela nas instalacións monumentais do Museo Gaiás, un dos festivais/feiras máis esperados e sen dúbida una das citas anuais que a capital de Galicia vén desenvolvendo durante os últimos anos. O evento estivo dividido en catro xornadas (do 1 ao 4 de xuño-23) cunha gran selección de proxectos, nacionais como internacionais nos ámbitos da educación, a intelixencia artificial, á arte, a biotecnoloxía, a enerxía, a divulgación científica ou a innovación inclusiva e sobre todo novos xogos e videoxogos. A organización informounos que este ano preparara unha programación impresionante, batendo record, xa que foron un total de 70 proxectos presentados, 300 makers, 40 talleres e máis de 20 charlas-conferencias. 

Devandito evento púidose levar a cabo, grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Concello de Santiago, a Fundación Ciudad da Cultura, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o Círculo Financeiro de Galicia, o Club Empresarial Nordés, ademais coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación. 

Nenos/as, avós/as, pais e nais, familias ao completo en xeral, que visitaron durante este último día, en sesión de mañá e tarde (ininterrompidamente desde as 10 ,00 h ata as 20,00 h.), observaron o gran éxito conseguido tanto no número expositores-participantes, como o numeroso público vindo de toda Galicia interesados en dicha temáticas. Aínda que todos as casetas atopábanse a lume de biqueira, sen dúbida, as máis destacadas foron aquelas onde se localizaban as últimas novidades sobre xogos didácticos, educativos, matemáticos, de coñecementos, estratexias, motores, os videoxogos, a robótica e realidade virtual, que as empresas presentaban como primicia para a devandita Feira. Pero sen dúbida, a sección máis impresionante e emocional da feira foi a caseta ou espazo dedicado aos xogos para para nenos/as ou persoas cegas ou con deficiencias visuais a través do método Braille

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a través do noso director, aproveitou a xornada para contactar cos diferentes creadores e inventores alí presentes, cos xerentes das empresas dedicadas ao xogo de Galicia e España. Ricardo Pérez e Verdes, convidado pola organización ao magno evento, utilizou a mesma para ampliar e seguir evolucionando o noso museo, adquirindo diferentes xogos novedosos e creativos de madeira (birlos con catapulta) feltro (carreiras de carafio), cartón (xogo da horta, o bosque), etc…, aínda que a maior parte conseguida foi a do apartado sobre xogos para invidentes. Non faltaron o dominó táctil e visual, o tres en raia, o parchís, placas motricidade sensorial, xogo de cartas ou de obxectos, o globo terráqueo, #etc… As xestións realizadas, seguramente, darán un froito moi importante, xa que cada un dos intercambios realizados, atopábanse desexosos e prometeron prontamente para coñecer o noso pequeno, modesto e orixinal museo, situado no concello de Ponteceso. Temos que comentar, que con cada unha das persoas comunicadas, coñecía a existencia do MELGA de forma virtual, pero non presencial. Sinceramente foi unha gran sorpresa agradable e moi sorprendente. Aproveitando o momento, Ricardo Pérez, tivo a ben convidar a cada un deles ao museo e desexando recibilos cando o dispuxesen. 

Sen dúbida o MELGA, con estas importantes adquisicións, amplía os seus fondos museísticos nun apartado que se atopaba totalmente orfo e que con eles, outra parte dos nosos posibles visitantes, os que teñen disfuncións visuais, poderán descubrir e comprender mellor o mundo que lle rodea, a través do xogo en xeral. 

Unha xornada especial, coa mentalidade posta sempre, dentro de nosas humildes posibilidades, en que o noso MELGA, sexa un paradigma dentro dos museos máis abertos e sen límites de barreiras para TODAS as xentes do noso país.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.