Desde o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no concello de Ponteceso, informámoslles que, a partir do luns día 24 do presente mes de outubro-22 ata o día 1 de abril do 2023, o noso horario de INVERNO pasa a ser o seguinte:
- ABERTO: de LUNS a SÁBADOS (Ambos inclusive) de 10,00 a 14,00 h
- PECHADO: Os DOMINGOS, FESTIVOS e todas as tardes.
Para as VISITAS GUIADAS deberán poñerse en contacto connosco para organizar a sesión lúdica, solicitando unha CITA PREVIA para a Reserva con 15 días de antelación. Tamén será necesario e obrigatorio para asistir á mesma, formar un grupo cun mínimo de 15 persoas.
No caso dos DOMINGOS, FESTIVOS e XORNADAS ESPECIAIS (Semana Santa, Letras Galegas, Entroidos, Constitución, etc…), cumprindo os requisitos expostos con anterioridade, non deixen de solicitar á nosa secretaría administrativa, as súas inquietudes e necesidades. Se NON logran alcanzar o número de compoñentes (15), poderán apuntarse a unha LISTA DE ESPERA e así contabilizar o número mínimo esixido.
Para maior información, contacte connosco nos teléfonos 981.71.54.42 (Centro Cultural) ó 661.29.02.46 ou na páxina web info@museomelga.com e daráselles a información precisa e conveniente.
Leave A Comment