Do día 4 ao 10 de outubro do presente ano 2019, o noso presidente da Fundación e director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, Ricardo Pérez e Verdes, desprazouse ao veciño país de Marrocos, para dar a coñecer as nosas entidades, con senllas conferencias na Universidade Cadi-Ayyad da cidade de Marraquech.
A invitación correu a cargo do doutor/profesor Bouzid Laghla da devandita universidade, colega docente do noso presidente, que exerceu de anfitrión en todas as presentacións realizadas aos alumnos/ as de Ciencias e Cultura, que versaron sobre “O MELGA de Ponteceso/Galicia (España): pasado, presente e futuro”, “Un reto museístico na Costa da Morte (Ponteceso/Galicia (España)” , “Os xogos e deportes tradicionais galegos no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso/Galicia (España)” e “A Fundación Ricardo Pérez e Verdes defensor do Patrimonio Lúdico-Cultural e Inmaterial de Galicia”.
Despois de expoñer ditas charlas universitarias, Ricardo Pérez e Verdes, tivo diferentes encontros con algúns estamentos e personalidades marroquís (universidade, concello, centro culturais, museos,…), para que lle asesorásemos para, que un próximo futuro, proxectar un Museo do Xogo e Deporte Tradicional Bereber/Marroquí, a imaxe e semellanza do noso MELGA de Ponteceso, que tiñan como referencia.
Unha experiencia importante de relación e intercambio entre dous países tan próximos, aínda que diferentes que pronto, esperamos, sexa unha realidade o noso irmandamento museístico, docente e social.
Leave A Comment