O Melga recibe ao grupo francés de L’Isle Jourdain

A Asociación Irmandamento con Francia do municipio de Carballo (A Coruña) tivo a ben o achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), onte pola tarde de 15,30 a 17,45 h., cun grupo superior ao medio centenar de persoas da comunidade de L´ Isle Jourdain, cidade próxima a Toulouse, irmandada co Concello de Carballo. A xornada lúdica-cultural estivo organizada e coordinada por Ana Cancela que ao mesmo tempo exerceu de tradutora da sesión dirixida polo director do Museo.

 

Mais de dúas horas de percorrido polas salas do museo, observando con verdadeira atención todas as pezas expostas, así como da práctica correspondente, os compoñentes do grupo coñeceron de primeira man a maioría dos xogos e deportes tradicionais galegos e Ricardo Pérez e Verdes, como non podía ser doutra maneira, destacou na súa honra, todos os xogos e deportes franceses que se atopaban nas vitrinas expositivas coa denominación dos mesmos en francés, español e galego. A felicitación mutua entre a dirección do museo e o grupo foi extraordinariamente enriquecedor e frutífero. Polos agradecementos recibidos, debemos considerar que a visita, segundo comentarios dos asistentes, foi unha das mellores actividades programadas durante a súa estancia polas nosas terras bergantiñáns.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.