O Melga recibe no día de onte a un grupo da Cruz Vermella de Vimianzo

Onte luns día 18 de novembro, en sesión vespertina de 17,,00 a 20,00 h., o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, recibiu a un grupo moi heteroxéneo de trinta persoas, coa intención de realizar unha visita guiada ás nosas instalacións museísticas.

Os participantes, en idades comprendidas entre os 2 e 65 anos, tanto homes como mulleres, novas, nenos e nenas, de distintas nacionalidades e orixes, viñan acompañados polas monitoras Noelia Martínez e Fátima García organizadora da actividade, pertencían á Cruz Vermella Española de Vimianzo, nun magnífico proxecto titulado “Comezar de Cero” e residentes na devandita localidade, aínda que os seus países de orixe eran Siria, Marrocos, Alxeria, Venezuela, chilenos, galegos,… Unha xornada moi especial de convivencia e solidariedade. O obxectivo era proporcionar ás persoas participantes un espazo de encontro no que poder intercambiar as súas experiencias vitais, as súas dificultades, os seus medos ou as súas expectativas e lograr con iso, axudar a facilitar esa transformación vital necesaria para alcanzar o benestar persoal, noutro país ou lugar que non é o seu.

 

O Melga recibe no día de onte a un grupo da Cruz Vermella de Vimianzo

 

A longa sesión efectuada, algo máis de tres horas, escoitando e practicando xogos e deportes tradicionais galegos e algúns das súas terras afastadas, pasou o encontro moi rapidamente. Moi especial foi cando o director-guía do museo aproveitou a súa práctica cos xogos marroquís, pois facía escasamente un mes que estivera en Marrakech na Universidade dando unhas charlas e aproveitando a súa estancia alí, realizou algunha práctica dos xogos bereberes, dos cales repetimos “in situ” no MELGA. En ocasións, sobre todo nas explicacións, o idioma foi un gran impedimento, xa que aínda non comprendían os nosos idiomas o galego e o español, pero chegada a práctica dos xogos, o entendemento foi total e universal.

A maior das gratitudes e compensacións que tivo o noso director Ricardo Pérez e Verdes foi, que a representante do grupo antes de finalizar a visita, transmitiu de parte dos compoñentes do grupo a súa satisfacción e felicidade da sesión efectuada e sobre todo do ben que o pasaran. Como broche final comentounos que foramos capaces de “sacar algunhas das persoas alí presentes un sorriso, cuestión que nalgunhas delas, xamais lles vían desde a súa inclusión no programa”

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.