O venres pasado día 20 de agosto en sesión vespertina, pola mañá recibiramos ao grupo do campamento da Laracha (A Coruña), recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), por segunda vez nunha semana, ao grupo de nenos e nenas do Campamento de Pintores e Poetas que a Fundación Pondal do Couto-Ponteceso, dentro das súas actividades programadas durante o tempo que lles toca convivir entre nós, vindos de toda Galicia.
O grupo conformábano vinte persoas en idades comprendidas entre os 10 e 14 anos de idade, que viñan como sempre, comandados polo seu director de campamento Rafael Quintiá e os seus monitores Diego Sánchez, Cristina Fuentes, Leticia Bermúdez e Algindo Calviño.
Nesta ocasión con mais tempo dispoñible para a visita guiada, o percorrido polas salas expositivas, durou case catro horas, entre as explicacións e a práctica dos xogos programados. Aínda así, moitos comentaron: “Pero xa pasaron catro horas? Pois me pasou o tempo voando e sen darme conta”. Tentaron por todos os medios conseguir algún record das probas realizadas practicamente dos xogos, pero non foi posible.
Un grupo magnífico, moi participativo e interesado na materia lúdica, do mesmo xeito que os monitores e director do campamento. Finalizada a visita, preto das 21,00 h. todos os visitantes votaron os tres primeiros premios do concurso de murais de azulexo sobre os Xogos e Deportes Tradicionais.
Outra xornada memorable no MELGA, pois ademais dos dous grupos que visitaron o recinto museístico (pola mañá do Campamento da Laracha e pola tarde a Fundación Eduardo Pondal), o museo non deixou de recibir moitas persoas doutras comunidades españolas e galegas, durante as doce horas que permaneceu o museo aberto. Sinceramente, é para estar moi orgullosos de que o concello de Ponteceso sexa un referente no ámbito museístico de Galicia e de España.
Leave A Comment