Un sábado excepcional, primeiramente porque nos visitaba por primeira vez un equipo de fútbol, por ser en xornada vespertina e tamén nun horario inhabitual. O equipo que nos visitou correspondía ao club prebenxamín da Santa Cruz de Oleiros da Coruña, (6 e 7 anos de idade), que ao mesmo tempo que competía na súa última xornada de liga contra o Paiosaco (Arteixo), despois do mesmo, organizaran cos seus dirixentes, familiares e adestrador, decidiron celebralo cunha excursión a Ponteceso.
A xornada deu inicio no campo de fútbol do Paiosaco ás 11:00 da mañá, aínda que o encontro perdeuse por 4-2, aínda que toda a primeira parte foi gañando por 0-1, o mesmo foi unha magnífica competición, que puido gañar calquera dos dous adversarios. Era a final da segunda fase, é dicir eran os campións da zona local coruñesa e esta sería a interterritorial. Todos brillaron con gran mestría, dentro das posibilidades da súa idade.
Finalizado o encontro tódolos xogadores e os acompañantes (preto dunha trintena de persoas compoñían a expedición), para repoñer forzas do esforzo realizado, desgustaron no restaurante A Pesqueira, dun apetitoso prato de callos e unha enorme churrascada, coas súas consabidas sobremesas caseiras tan deliciosos que nos propuxeron.
Sobre as 15:30 h. todos os visitantes desprazáronse ao Centro Cultural de Ponteceso para realizar, baixo a dirección do noso director, unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). A mesma excedeu as 2 horas e media, aínda que precisaban algún tempo máis, pero desexaban coñecer algo, sobre as terras do concello de Ponteceso, pois a maioría dos asistentes coñecían Ponteceso e menos o museo. A visita foi un auténtico éxito, onde nenos e nenas, pais, nais, avós/as, irmáns, directivos e adestrador estaban «alucinados» cun museo tan extraordinario. Entre os asistentes atopábase o alcalde de Muras (Lugo) Manuel Requeijo, a súa esposa e os seus fillos (xogan no equipo). O rexedor felicitou a Ricardo Pérez e Verdes polo traballo realizado, así como polo magnífico museo, que consideraba unha gran obra para mostrar o noso Patrimonio Cultural Histórico, Lúdico e Inmaterial, pois precisamente el era Licenciado en Historia e sabía de que falaba.
Rematada a visita todos en caravana desprazáronse ao Monte Blanco e a continuación á praia de Balarés. Todos os valentes xogadores (e algúns pais e nais) introducíronse nas xeadas augas cristalinas atlánticas, para darse un refrescante mergullo. Os que non desexaron realizar esta «tolemia» (pois o tempo non era moi estival), observaron atentamente todos os movementos dende o marco incomparable das terrazas e piñeiral da praza pontecesá. Sendo as 20:00 horas, a excusión deu por finalizada.
Unha proposta inmellorable que deberemos promocionar e divulgar entre tódalas federacións ou clubs deportivos da nosa provincia. Transmitíronnos os directivos que non sería a última vez que o farían con outras categorías. Cremos que a oferta é viable, xa que o MELGA xa ten reservadas varias datas para visitarnos no mes de xullo e agosto, con campus ou campamentos urbanos e rurais de diferentes deportes.
Leave A Comment