Recentemente iniciada as visitas de Semana Santa ao MELGA, onte domingo pola tarde, recibimos por sorpresa, a visita do ilustre ornitólogo coruñés José Luís Rabuñal Patiño. Viña acompañado, nesta ocasión, polos seus amigos Charles Paxtón traductor, poliglota e viaxeiro incansable e da súa esposa a escritora e xornalista da Axencia EFE María Eugenia Ruíz de Azcárate, por Ramón Vilas de Escauriaza, funcionario do departamento de Planificación do Persoal do concello da Coruña e por Mercedes Cebrián do Moral, membro dunha das familias coruñesas máis coñecidas.
O intercambio constante de consultas e aclaracións solicitadas ao guía polos asistentes, foi intensa, chegando nalgún momento para comunicarlle “ que fora unha tarde-noite en grao sumo cultural, instructiva e práctica, sobre un tema moi atrayente pero moi descoñecido para todos eles. E que a sorpresa fora pola súa banda, ao ignorar que existise en Ponteceso, un “gran”museo destas características, ben estruturado e organizado”. Palabras que o director, agradeceu inmensamente.
Queremos destacar que, para o Museo Etnolúdico de Galicia, foi unha gran honra o recibir e departir, por varias horas, con estes “amigos” unha visita guiada, que contou como sempre coa batuta do noso director Ricardo Pérez e Verdes. Por suposto que, José Luís Rabuñal, por uns momentos deixou ao carón o seu telescopio, para lanzar unhas fichas ao xogo da ra e ao sapo.
Leave A Comment