O tirador Carlos Andrade revalida o título de campión bergantiñan de Tirabalas e batendo un novo record, o Melga entrega o título ó Campión

Cun gran ambiente de participantes e espectadores, desenvolveuse no campo de xogos do Centro Cultural (MELGA) do concello de Ponteceso, onte martes ás 17,00 h. a terceira edición do Campionato de Tirabalas Ponteceso-16. Cunha vintena de participantes, desenvolveuse o evento anual, nas ramas masculina e feminina, en tres categorías: infantil, senior feminino e masculino. Todos os tiradores senior realizaron as súas tiradas a 10 m. de distancia e a 5 m. os infantís, dúas series de lanzamentos de 15 tiros cada un, obtendo coa suma de ambas as quendas, o vencedor. A participación masculina  adulta foi a máis numerosa, seguido da infantil e en menor número a de tiradoras.

Case xa anoitecendo, despois de 3 horas de concurso, entregáronse os premios por Susana Audicio e Luís Facal, representantes do MELGA, que corresponderon ao campión absoluto, outro ano máis, ao policía municipal Carlos Andrade Castro de 39 anos de idade, que ademais de levar o trofeo de campión, obtivo o record da proba final con 34 puntos, superando en 10 puntos o ano anterior. En segundo lugar como subcampión do torneo foi para Eliseo (Lito) Pérez Cotelo con 18 puntos e o terceiro clasificado foi para Pedro Andrade Castro con 16 puntos. O pódium estivo copado por tiradores de Ponteceso. En categoría infantil o trofeo de campión foi para Leonor Andrade Varela (Ponteceso) de 6 anos, con 4 puntos, vencendo con suma facilidade a varios concursantes de 8 a 12 anos. Na rama  feminina  o concurso foi para Mercedes Sampaio Fernández (53 anos) da Bola (Ourense) con 8 puntos. O trofeo ao máis veterano  recaeu en Lito Pérez. Como se poderá comprobar, a saga dos Andrade de Ponteceso, foron os vencedores absolutos en case todas as categorías, é dicir, que hai canteira para longo.

Como novidade do torneo, presentouse oficialmente a mascota de “TIRABALITO”, idea orixinal do noso presidente/director da Fundación e o Melga respectivamente.

Todos os tiradores trasladaron ao comité organizador os seus parabéns pola magnífica organización do evento, esperando que dita competición teña rango, o próximo ano, de campionato Autonómico. A nosa proposta inmediata será en baterse nun gran reto galego co concello de Melide, os campións da zona da Galicia Central, e así dilucidade quen vai a ser o campión galego de tirabalas. Nestes momentos, estes dous concellos,  son os únicos que realizan este evento, deste xogo tan popular e tradicional na nosa terra e mundial.

One Comment

  1. Mercedes Sampayo Fernandez-Reply
    Thursday November 3rd, 2016 at 01:41 PM

    O importante foi participar.
    Espero convencer a alcaldesa de A Bola para poder facer un campionato de tiracoios ( como o chamamos nos) entre os de A Bola e os de Ponteceso. E, que ganen os mellores!!!.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.