Os alumnos e alumnas do CPI. Zas baten un record de chancras na visita guiada ó Melga

Unha vintena de alumnos e alumnas, de 11 e 12 anos de idade, do CPI. de Zas (A Coruña) visitaron o MELGA, no día de onte xoves , acompañados dos profesores David Pazos e Estevo Lema que exercía de coordinador do grupo escolar. Máis de tres horas e media durou o percorrido polas salas expositivas do museo, coas explicacións teóricas e a práctica dos diferentes xogos tradicionais e populares. Durante o desenvolvemento de máis de vinte e cinco xogos, chegado o momento da carreira de “chancras  ou multiesquies” , o trío formado polas  irmás Tania e Noelia Pose e Cristina Rial, bateron o record da proba, percorrendo o anel  da sala II, cunha marca de 18 segundos e 7 décimas . En segundo lugar clasificouse a tripleta formada por Borja Canay, Brayan Pensado e Hari Manrel, cun tempo de 18,8. Estivo tan disputada a proba que se tivo que realizar un desempate, desfacéndose o mesmo, por unha soa décima.

O ano anterior o profesor Estevo Lema tamén realizara a mellor marca (record) de puntos do “billar xaponés”. Nesta ocasión, tentou superalo, pero non o conseguiu, por tanto, segue vixente a excepcional marca de 375 puntos, conseguidos en ano anterior.

Un grupo moi interesado en coñecer en profundidade todos os xogos alí expostos, “bombardeándolle” ao guía gran cantidade de preguntas sobre os mesmos. Estaban tan ilusionados:  “que preferiron cambiar os xogos tradicionais pola hora do xantar ou polo menos atrásalo”. Tamén hai que destacar a gran competitividade do grupo e así se fixo notar tanto nos alumnos/as como nos profesores, tendo no seu poder o CPI. De Zas dous records,  hasta o momento.. Quizais o ano entrante contemos con algunha “marca” máis.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.