Os amigos do Museo Arqueolóxico/Castillo de San Antón de A Coruña no Melga

Hoxe sábado pola mañá  visitaron, unha vintena de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso. Esta era a súa segunda visita, pois a súa primeira fora, hai xa dous anos, no mes de xullo de 2015. Despois de dúas horas e media de percorrido polas estancias do museo, escoitando todas as explicacións  do guía, realizando practicamente algúns entretementos e xogos tradicionais galegos e dando as debidas explicacións sobre as cuestións expostas polos visitantes, observando para ben, que durante estes meses pasados, o museo cambiara en concreto, con novas adquisicións e doazóns, que a varios parecéselles, unha visita nova e non a mesma realizada tempo atrás. Algúns dos asistentes era xa a terceira vez en que acudiran á visita. O nivel do grupo era culturalmente elevado, pois as súas profesións atopábanse arquitectos, mariños mercantes, profesores/as universitarios/as, mestres/as, funcionarios/as, historiadores e arqueólogos. O grupo estaba  coordinado por Xesús Baños presidente da Asociación dos Amigos do Arqueolóxico.

Despois da visita guiada, todos os compoñentes  do grupo desprazáronse a xantar ao restaurante A Pesqueira de Ponteceso para degustar as exquisiteces do restaurador Pablo Branco e sobre as 16,00 h. aproximadamente, iniciouse unha camiñada por toda a Ruta Pondaliana, partindo do monólito do Recheo, facendo paradas obrigadas na Fundación Pondal e no Monte Branco. O grupo estivo acompañado e guiado polo gran historiador e patrón da Fundación Luís Giadás, que fixo de cicerone en toda a xornada vespertina. Sobre as 20,00 h. clausurouse a sesión cultural, gastronómica e lúdica polas terras pontecesanas, regresando de novo á Cidade de Cristal.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.