Os pequerrechos do CEIP. Pepe de Xan de Santa Comba chegan ao Melga para visitarnos

Unha vintena de “peques” do CEIP. Pepe de Xan Baña de Santa Comba (A Coruña), coas súas profesoras-titoras Rebeca Varela, Vanessa Ramallo e Nuria Toja que coordinaba a actividade, desprazáronse a Ponteceso para realizar, por primeira vez, unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Os nenos e nenas que nos acompañaron atopábanse na franxa de 3-4 e 5 anos de idade de educación infantil.

Despois dunha intensa mañá polas terras pondalianas e da visita de confraternidade e convivencia cos nenos e nenas da escola de Tella, nunha hora non moi habitual para a visita ao museo, ás 14,00 h. e despois de xantar nas instalacións do Centro Cultural, habilitadas polo concello de Ponteceso, todos puxéronse ás ordes do guía do museo para efectuar unha visita guiada, aínda que cun tempo moi limitado, xa que o seu regreso a Santa Comba non debería exceder a súa chegada mais alá das 17,00 h. como máximo.

 

Los peques del CEIP. Pepe de Xan de Santa Comba llegan al Melga para visitarnos

 

Polo tempo dispoñible (unha hora e media), soamente púidose percorrer a primeira sala do museo, aínda que se tomou a decisión de que a teoría (concentración e atención) neste caso non era tan prioritaria, senón o importante e recreativo eran as prácticas dos xogos tradicionais galegos en toda a súa extensión, pois ao contar cun grupo reducido e comprensiblemente estar cansos de toda a xornada matinal realizada, todos puideron efectuar os xogos tradicionais na súa extensión completa e en profundidade.

Outra xornada especial cuns “pequeniños” extraordinariamente moi colaborativos, disciplinados e apaixonados. O ano que vén, segundo as súas profesoras, volverían de novo con leste mesmo grupo para percorrer a segunda sala do MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.