OS V XOGOS MEDIEVALISTAS BRILLARON NAS NOITES DO MEDIOEVO EN RIOBÓ (CABANA DE BERGANTIÑOS) DA MAN DO MELGA

Outro ano máis (esta é a quinta edición) na pradería da aldea de Riobó, do concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, organizaron en sesión vespertina, desde as 18,00 h. ata as 21,00 h, do “V Festival de Xogos e Deportes Tradicionais na Idade Media”, dentro da xornada das “ XIV Noites do Medioevo”, nunha sesión lúdica-cultural-festiva, gastronómica e turística. Neste caso a cita foi moi superior á do ano 2022 (aínda sendo esta moi boa), onde non faltaron os xogos de forza, de habilidade, de precisión, de lanzamentos, xogos de taboleiro etc., que masivamente moitas persoas aproximáronse ao “campo de batalla” de herba, habilitado para tal motivo. 

Os xogos deseñados polo museo nesta ocasión, na súa edición XIV, causaron expectación e asombro, tanto pola orixinalidade, atractivos e en moitos casos pola súa dificultade de execución. Como novidade deste ano, introducíronse catro novos xogos de campo, os coñecidos como o “Limbo”, “As Boleadoras”, o de “forza de peito” e o “ Pipote” e en canto aos Xogos de Taboleiro presentáronse os do “Alquerque”, a Catedral” e o “Blandurh” e en habilidades motrices o da “Hélice”, “As argollas” e o dos “Imáns”.

 Participárona no encontro foron persoas vindas de varias comunidades españolas e por suposto, moitas de Galicia. As idades dos participantes atopábanse entre os 2 anos ata os 90 anos e todos eles, por suposto, colaboraron a que o éxito total estivese asegurado. Os presentes ao acto lúdico tentaron demostrar as habilidades en cada un dos xogos, xurdindo píquelos “ familiares e entre amigos”, pero sempre co “xogo limpo” por adiantado e sempre nun ambiente familiar e recreativo Ademais do noso director, a sesión lúdica contou coa colaboración indispensable para o desenvolvemento do evento dos monitores/as Ignacio e Borja Pérez, Lorena Pita, Olga Escario, e Lola Roel. 

Desde os estamentos públicos, organización e por persoas en particular, o MELGA recibiu moitas felicitacións da sesión planificada foi masiva, (aínda habendo outras actividades paralelas da festa), moi participativa e dunha maneira moi divertida. O único inconveniente que tivemos ao final da xornada, é que a última media hora da sesión, tívose que suspender o festival pola choiva que se fixo presente, xustamente, no momento máis álxido da serán. Este ano superamos e batemos o “record” de participación. 

Grazas Riobó, ao concello de Cabana de Bergantiños, ás súas xentes, á organización por contar connosco, pola gran acollida, polo gran día pasado, pola masiva participación, polo triunfo dos xogos, pola aceptación unánime e pola programación deste acto medievalista organizado, #etc… informándonos que nos emprazaban para ir traballando, desde xa, para a SEXTA edición do próximo ano, que se desenvolverá no segundo domingo do mes de agosto de 2024. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.