Os xogos tradicionais organizados polo MELGA brillan nun día memorable na Coruña

Sen dubidalo A Coruña nesta última semana, deportivamente falando, fomos centro dos éxitos das nosas modalidades deportivas máis destacadas. Iniciamos a andaina co ascenso á liga Feminina do Deportivo A Banca, regresando á elite do futbol feminino. Este sábado o Leyma Coruña certificou o seu ascenso á ACB e xogará por primeira vez na súa historia na máxima categoría do baloncesto español, a liga Endesa. E onte culminouse a tripleta deportiva, co ascenso do R. C. Deportivo da A Coruña á segunda división e volve ao futbol profesional de catro anos despois.

Con este ambiente tan festivo (aínda non se sabía o ascenso do Deportivo), o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, desprazouse na tarde de onte domingo A Coruña, para organizar un festival de xogos tradicionais no coidado céspede do Parque Europa da cidade herculina. O motivo era, que os proxenitores Nacho Pérez e a súa esposa Lorena Pita, desexaban celebrar os aniversarios “ao grande” do seu fillo Marco que cumpría os seus 7 anos de vida con todos as súas amiguitos do centro escolar e deportivo, un total de medio centenar de asistentes, cun festival de xogos tradicionais.

Como era de supoñer, todos os asistentes deberían ir vestidos da cor “azul” en honra das cores do Deportivo. Non faltaron xogos de batallas floridas, o pano, o zurriagazo, en busca do tesouro, o turra da maroma, etc. e finalmente a esperada piñata cos “chuches” correspondentes. Despois de cantarlle o “cumpleanos feliz”, Marco soprou as velas do seu sétimo aniversario, con algarabía de todos os participantes na festa.

Un día moi extraordinario, onde as atraccións recorrentes dos inchables, os xogo de bólas, os xogos tecnolóxicos etc., sempre en recintos pechados, deron paso aos nosos xogos de tradición patrimonial de Galicia, nun día espléndido e ao aire libre. Felicidades MARCO e… que cumpras moitos máis, gozando destes xogos tan populares nos vindeiros anos!

Varios niños y disfrutando en A Coruña jugando a juegos tradicionales

Varios niños y disfrutando en A Coruña jugando a juegos tradicionales

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.