Aproveitando esta longa fin de semana, o noso presidente do Padroado da Fundación RPyV e director do Museo Etnolúidco de Galicia (MELGA), desprazouse por varios puntos de Galicia para visitar algúns dos anticuarios que existen na nosa comunidade. Cal foi o motivo? Como sempre, tentando localizar pezas ou obxectos que sirvan para mellorar as nosas vitrinas expositivas do museo, para que estas sexan observadas polos nosos visitantes, para engrandecer o noso recinto con pezas orixinais dunha época determinada, que teñan un valor importante no sentido emocional e sen dúbida, un compoñente vivo en constante evolución e que non sexan rutineiros e estables para os nosos usuarios.
Nesta ocasión, localizamos un coche eléctrico infantil, impecable e recentemente saído de fábrica, da marca Mercedes SLC 300 12v. 2.4G de cor branca, cun peso de 12 kg. e cunhas medidas de 106/56/29 cm., con dous potentes motores de 30 W e mando radiocontrol. O seu fabricante é Pekecars, ten capacidade para un ou dous pilotos, volante, con freo automático, cinto de seguridade, música, luces, cadro de mandos, mando a distancia, claxon, rodas de caucho, suspensión traseira, tipo deportivo, voltímetro dixital, velocidade de 5 km/h aproximadamente, display con USB , Jack, SD, música pregrabada e conta contos. Case nada! Un lujazo!
Desde hoxe os nenas e nenas de 1 a 5 anos que nos visiten poderán gozar, polas pistas da segunda sala do MELGA convertida nun gran circuíto automobilístico, cunha carreira do “Gran Prix”, conducido por eles mesmos, posibles futuros pilotos ou ben desde o exterior por radiocontrol polos pais e nais acompañantes.
Este impresionante coche eléctrico infantil está deseñado para brindar aos pequenos unha experiencia de condución emocionante e segura. Con características de luxo e un deseño realista, este vehículo é perfecto para horas de xogo emocionante e iso só poderano probar en Ponteceso, no MELGA.
Agardámosvos, para facer as voltas de adestramento, para conseguir a pole position!
Leave A Comment