As salas expositivas do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, convertéronse no día de onte mércores 24 do presente mes de maio-23, en sesión vespertina, nun estudio de televisión para dar a coñecer a toda Galicia e a outras comunidades autónomas lindeiras do noso pequeno, modesto e orixinal museo.
As cámaras de rádioa-televisión galega (TVG) achegáronse ao museo para entrevistar o “alma pater” do mesmo Ricardo Pérez e Verdes, versando a mesma, sobre a historia do museo, as pezas máis antigas do mesmo, os xogos máis representativos, as últimas adquisicións levadas a cabo pola Fundación, os seus visitantes, exposición exterior de muráis de azulexos sobre xogos, etc. Tanto a entrevistadora e o director do museo retáronse practicamente con todos os xogos realizados durante a gravación, aínda que o noso fundador-creador, sempre partía con moita vantaxe sobre a adversaria, pois as prácticas son sempre unha acción directa en cada visita realizada.
As preto de máis de dúas horas de gravación, atopábanse ao mando da mesma, Martín Rei como cámara e María Rial como presentadora do programa. A reportaxe corresponde ao programa “ Ou Castiñeiro” da TVG., programa de entretemento e divulgación patrimonial de Galicia das tardes dos sábados. A emisión do programa está prevista para a tarde do vindeiro sábado día 03 de xuño-23, o cal desde esta atalaia convidamos a conectar co mesmo, pois estamos seguros, que lles vai a encantar e por suposto aprenderán moitas das cuestións tratadas no devandito programa sobre “O máxico mundo lúdico do MELGA”.
Leave A Comment