Desde o ano 2019, é dicir catro anos, que a Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela, non nos visitaba, debido ás causas que todos moi ben coñecemos como a pandemia, outros problemas colaterais como os asuntos estruturais económicos das universidades e finalmente pola falta de dispoñibilidade de tempo adecuado dentro do currículo docente.
Nesta ocasión, a sesión lúdica realizouse pola tarde, con máis de medio centenar de alumnos e alumnas universitarios que eran de segundo de Educación Social e viñan acompañados dos profesores Ana Rodríguez, Silvia López e como os anteriores anos con Suso Rodríguez, organizador da actividade museística. Ao mesmo tempo, no grupo atopábanse dous profesores brasileiros do Campus da Universidade Estatal de Matogueira Grosso do Sur, Agnes Lara Domingos e Osvaldo Rodríguez, que casualmente, atópanse facendo un cuadrimestre docente de intercambio Internacional entre profesores da Universidade de Santiago (Galicia) e a de Matogueira Grosso do Sur (Cuiabá).
Tanto os futuros docentes educativos, así como os profesores galegos e brasileiros, agradeceron enormemente a xornada realizada, ampliando coñecemento sobre os xogos e deportes tradicionais de Galicia e do mundo. A maioría dos asistentes, non deixaron de practicar os diferentes xogos propostos polo guía do museo, durante as tres horas que durou a visita guiada. Por descontado, en deferencia aos nosos invitados suramericanos, tocáronse algúns xogos e deportes tradicionais e modernos, que moitos deles nin lles “soaban”, por exemplo o deporte moderno do “bossa-ball” (un voleibol con cama elástica), creado e ideado en 2018, nas paradisíaca praia de Copacabana.
As súas palabras quedaron escritas no libro de visitas do MELGA expresando “Unha tarde marabillosa nun museo orixinal e excepcional”. Unha tarde moi proveitosa, onde a análise comparativa xurdiu de inmediato entre os países asistentes á visita guiada. Como de costume o tempo pareceulles moi curto, aínda sabendo que a xornada vespertina, estaba fóra do horario docente.
Leave A Comment