Outro ano máis, el CPR. Manuela Rial Mouzo de CEE visitanos

Estamos ante un dos centros escolares da Costa da Morte dos maiores “fans” do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Pois nesta ocasión era a súa cuarta vez que nos visitan con grupos e niveis diferentes. Os vinte e cinco alumnos e alumnos do CEIP. Manuela Ríal Mouzo de CEE  de quinto de primaria (10-11 anos) viñan acompañados polos seus dous profesores titores José María Canosa e Eduardo Rodríguez, organizador da actividade.

A xornada matinal deu comezo ás 10,30 h. e rematou pasadas as 12,30 h. Escasamente dúas horas de visita guiada co noso director do museo. A todos os participantes pareceulles moi curta a mesma, pois só dispoñían de dúas horas xustas para levar a cabo a planificación do transporte, visita e xantar correspondente. Só púidose visitar a primeira sala, a de xogos e deportes tradicionais, aínda que foi profundamente moi práctica, podendo participar na súa totalidade de todos os discentes nos xogos planificados. A segunda sala quedou emprazada para unha próxima ocasión, que todos ansiaban.

Outro ano máis, el CPR. Manuela Rial Mouzo de CEE visitanos

 

O neno Ismael Paz  (10 anos) bateu o record de “castelos de pinzas de lavandeira” aumentando a marca nun piso máis do que tiñamos establecido. A marca foi de 30 pisos estables, aínda que alcanzaron os 31 pero derrubouse finalmente. En cando á colección de peonzas, buxainas, perinolas e perindolas regaladas polo MELGA, despois dos acertos en preguntas sobre o patrimonio lúdico inmaterial galego, recaeu os obsequios nos nenos Sheila Núñez e Ismael Paz ambos con dez anos de idade.

Hai que destacar que o grupo que hoxe nos visitou foi extraordinario, pois a súa entrega, interese e participación foi inmensamente frutífera e gratificante.

Finalmente, antes de dar inicio á visita guiada, o profesor Eduardo Rodríguez en nome do grupo de alumnos/ as e profesores/ as do centro, fixo entrega dunha “perinola de origami” realizada por todos eles, a Ricardo Pérez e Verdes e que de inmediato foi colocada no expositor da sección ampla de peonzas que dispón o MELGA. O motivo non foi outro que hoxe día 7 de febreiro era San Ricardo e con iso desexaban felicitar ao director e agradecer con agarimo todas as visitas realizadas durante estes últimos anos. Nosa máxima gratitude, moi afagados e recoñecidos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.