Medio cento de alumnos e alumnos do IES. Lamas do Castelo do concello de Carnota, acompañados polas súas profesoras Marisol Pérez e e como representante coordinadora do grupo, a profesora de educación física Elda Pérez Fernández, visitáronnos o día de onte nunha xornada lúdica en conmemoración do Día dás Letras Galegas. Nesta ocasión deulles a benvida ao MELGA, o alcalde de Ponteceso Lois García Carballido.
A visita guiada tivo unha duración de máis de tres horas, onde os mozos de 1º e 2º da ESO de 12-13 e 14 anos, pasaron unha mañá completa de cultura patrimonial, lúdica e divertida como xamais o gozaban nunha excursión do centro docente. Tentaron por todos os medios bater algún dos records establecidos por outros grupos, pero nalgúns casos por décimas de segundo non puideron arrebatar ditas marcas. Temos que destacar que este centro escolar era a segunda vez que nos visitaban xa que a primeira vez que o realizaron foi no 2015.
Finalizada a visita todo o grupo percorreu as rúas de Ponteceso, visitando a casa de Eduardo Pondal, xantando na praia de Balarés e pola tarde achegáronse ao Dolmen de Dombate do concello de Cabana. Xornada memorable para un grupo excepcional.
Leave A Comment